Limpieza de Costas 07-07-2022

O Club do Mar Cariño coa fundación ECOMAR, queremos convidarvos a participar na Limpeza de Costas que se realizará na praia de Cariño o día 07/07/2022.
¡FORMA PARTE DA SOLUCIÓN E NON DO PROBLEMA!

A Fundación Ecomar, dentro do programa Mares Circulares organiza unha “Experiencia Ecomar”. Unha xornada de sensibilización e acción, onde impartiremos o noso “Taller Azul Ecomar” e posteriormente recolleremos e clasificamos todos os residuos para a súa posterior reciclaxe.
Desta forma seguimos traballando no marco da economía circular para garantir a sostenibilidade futura dos nosos mares.

Nas súas catro edicións, Mares Circulares recolleu 1.513 toneladas de residuos, formar e sensibilizar a 63.669 persoas e apoiar 12 estudios científicos e a 4 ‘start-ups’ que ofrecen solucións á contaminación mariña. ¡APÚNTATE!