Establecemento Amigo

Se tes unha empresa ou es autónomo e queres colaborar esta é a túa mellor opción. O Club do Mar de Cariño, precisa da túa axuda, por iso lanzamos o programa Establecemento Amigo.

O Club do Mar de Cariño leva dende 1986 loitando para conseguir que os/as nenos/as da nosa vila e bisbarra coñezan o mar a través dos deportes náuticos, principalmente a Vela Lixeira. Precisamos poñer en marcha outras disciplinas como Remo, Mergullo, Surf e por iso precisamos da túa axuda.

Un dos obxectivos principais do Club é lograr ter unha escola do mar, que sexa referente en todo o norte de Galicia, e un equipo de regatas tanto en Vela como en Remo, que poda competir en boas condicións. Ademáis, queremos traer á nosa ría xente que veña a competir e a divertirse.

Para darte de alta só tes que cubrir o seguinte formulario: Alta