Os vindeiros 28 e 29 de maio celebrarase en augas da Ría de Cariño a regata da Clase Optimist do Circuito Norte “I Trofeo Concello de Cariño” organizado polo Club do Mar Cariño en colaboración co Concello de Cariño.
Están programadas seis probas para os dous grupos, Optimist Regata e Optimist Escola. Tres probas o sábado 28 e outras tres o domingo 29, poidendo celebrarse unha máis o sábado a criterio do Comité de Regatas. As probas terán lugar na Praia da Basteira de Cariño ou no exterior do porto, en función do parte meteorolóxico.
O horario será o seguinte ás 14:00h do sábado primeira saída e ás 12:00h do domingo será a primeira saída para as probas de ese día. A entrega de trofeos celebrarase o domingo ás 17:00h.
O Circuito Norte é unha actividade para a iniciación en regatas por parte das escolas de vela dos clubes participantes; Club Náutico de Ares, Club Alamar de Sada, Club de Vela Fluvial de As Pontes, Club Grupo Bazán de Ferrol e Club do Mar Cariño.
Podes pasar a tomarte algo con nós nas instalacións do Club no peirao de Cariño, Contamos coa túa visita!!