Queres facerte socio/a do Club do Mar Cariño?
Cubre o documento que está á vosa disposición na web, podes enviárnolo cuberto ao correo electrónico clubdomarcarino@gmail.com Asunto: ALTA SOCIO. Ou entregalo a calquera membro da directiva.
Canto custa a cota de socio?
A cota de socio é un donativo que se entrega ao Club para promover o seu principal obxectivo, que é o fomento das actividades náutico-deportivas.
Na actualidade deseñáronse dous tipos de socios, para que as persoas que non teñen familiares ao seu cargo e non participen nas actividades formativas do club podan seguir promocionando a actividade e ser SOCIOS do CLUB a un prezo reducido.
Socio familiar:
Especial para familias, permite aos membros dunha mesma familia (pais, nais – fillos, fillas / avós, avoas – netos, netas) desfrutar dos deportes náuticos con nós.
Idade máxima dos descendentes: 21 anos, agás nos casos de persoas con diversidade funcional ou dependentes, que non ten límite de idade.
- Descontos en actividades con monitor.
- Saídas en familia sen monitor.
- Participación nas actividades sociais.
- Participación na toma de decisións do Club.
- Cota 60€ anual.
- SOLICITUDE INSCRICIÓN DE SOCIO_gal
Socio individual:
Abono para persoas que queren apoiar esta actividade, e desfrutar dos deportes náuticos.
Saídas sen monitor.
- Participación nas actividades sociais.
- Participación na toma de decisións do Club.
- Cota 20€ anual.
- SOLICITUDE INSCRICIÓN DE SOCIO INDIVIDUAL_gal
Unha vez cuberto podes asinalo co teu certificado dixital ou tamén podes asinalo de xeito manual e envialo ó seguinte enderezo:
Club do Mar Cariño
Av/da Constitución s/n
15360 Cariño A Coruña