Curso de Mergullo

Curso Iniciación Mergullo Recreativo (Open Water Diver )

O curso pretende o acercamento das persoas interesadas en coñecer máis de cerca o mundo mariño, aprendendo os coñecementos e as habilidades básicas para evolucionar dentro da auga dun xeito armonioso, disfrutando deste xeito dunha actividade recreativa e de esparcemento.
O remate do mesmo obterán una titulación válida en todo o mundo certificada por PADI, que as permitirá mergullar ata os 20 metros de profundidade en presencia de un Buceador Guía (Dive Master) ou un Instructor.

Diferenciaremos entre parte teórica e parte práctica;

  • A parte teórica se desenrolará nunha aula habilitada nas súas instalacións a tal fin.
  • A parte práctica terá lugar unha parte de Augas Confinadas (Piscina ou no Mar) e outra de Augas Abertas (Prácticas no Mar).

Os grupos de teoría serán a convir segundo as convocatorias e os de prácticas serán reducidos a 5 persoas por grupo co fin de garantir, por una banda a seguridade e por outra unha ensinanza de calidade.

Requisitos dos participantes:

  • Saber nadar.
  • Ter cumplidos os 18 anos, no caso contrario achegará autorización do tutor legal (no caso de ter a idade comprendida entre os 16 e os 18 anos).
  • Ter ingresado o custo total do curso, antes do comenzó do mesmo.
  • Presentar un Certificado Médico en impreso Oficial do Colexio de Médicos no que conste que o Alumn@: “E apto” para a práctica de Mergullo recreativo con Botellas ou con escafandra autónoma”.
  • Unha fotografía tipo carnet en color.

Custo da Actividade:
No curso están incluídos todos os materiais didácticos escritos necesarios para a realización do mesmos, así como todos os materiales de mergullo para a realización das prácticas tanto na piscina como no mar, que serán aportados por Buceo Ferrol.
Tamén @s alumn@s estarán cubertos en todo o curso, por un seguro que os cubre durante a duración do mesmo, nas actividades propias do curso.
O custo a desembolsar por alumn@ será de:

[paypal_wp_button_manager id=423]
Tes toda a información no seguinte enlace: Curso Mergullo_OWD.pdf